Castro ameazado

Meus pais son da parte de Laxe e polo tanto coñezo ben o lugariño de Castrelos (atentos ó topónimo, porque non é casualidade), un pouquiño antes da Torre, a aldea da miña tía e a miña defunta avoa. E abráiame saber polo blog do Rubén que atoparon aló un castro de grande valor arqueolóxico. Sobre todo porque non tivo eco en case ningún medio informativo “tradicional”.

Por aí van construír a ampliación dunha estrada, e esa misma obra que descubriu os restos pode tamén sepultalos. Entendo a mellora das comunicacións, tan precarias por esa parte, mais non ó prezo de perder ese achádego. Un exemplo non arredado para os veciños de Castrelos e Laxe é a conservación do atraente Castro de Borneiro en Cabana.

Cultura di que van mudar o trazado da estrada, mais non se ven moitas alternativas e cómpre desconfiar. Estaremos atentos e agardamos que (unha vez máis) non esnafremos o noso patrimonio por un mal entendido progreso.

castrelo_soesto_3

A imaxe foi tomada de Capítulo 0 do Manuel Gago, que foi o primeiro que dou a nova. Nesta ligazón atoparedes máis cumprida información sobre o castro e máis imaxes.

Un comentario en “Castro ameazado

  1. Hai centos de castros polo noso entorno,e o peor é que cando excavan, non hai ningún proxecto de conservación anterior a excavación. Espero que a desidia das autoridades tan comúns nos casos culturales, non se cebe con este castro.

    Gústame

Os comentarios están pechados.